Xa que andamos a nos queixar do frío -o meu colega non se atreve a visitarme por traballar en terras máis cálidas- vouvos ensinar o que é o frío de verdade, grazas a Fogonazos. Sabes o frío que vai no interior dunha estación polar antártica? As seguintes imaxes foron tomadas na estación polar McMurdo, en condicións climatolóxicas do nivel 1, situación na que se prohíbe terminantemente calquera saída ao exterior. Ollo, nestas condicións os pinguíns emperador están en pleno período de coidado das crías, aí é nada!
A sensación térmica descende por debaixo dos -60ºC, os ventos superan os 90 Km/h e a visibilidade é inferior a 30 metros. Pero cando o tempo mellora pódense ver imaxes tan fermosas coma esta:
1 comentario:
Que non me atrevo a ir a visitarte? Serás mentireira...jejeje
Outra cousa é que me queixe do frío que fai na túa terra... e con razón!! ouuuuuu
Bicos desde terras máis cálidas
Publicar un comentario