Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/04/08

De pé contra a morte

Aí está a poesía: de pé contra a morte.

Hoxe, cando abrín o xornal, e lin estas palabras de Juan Gelman ao recibir o premio Cervantes onte, palabras que estremecen, pensei que debía achegárvolas. Teño a esperanza de que as leades. Tedes premendo aquí o texto completo. Eu só vos alcanzo un anaco de tanta sensibilidade:
"(...) estes tempos mesquiños, estes tempos de penuria (...) nun mundo no que cada tres segundos e medio un neno menor de cinco anos morre de enfermidades curabeis, de fame, de pobreza. Pregúntome cantos terán morto desde que comecei a dicir estas palabras. Pero aí está a poesía: de pé fronte á morte.
(...) hai lembranzas que non necesitan seren chamadas e sempre están aí e amosan a súa face sen repouso. É a face dos seres amados que as ditaduras militares desapareceron. Pesan no interior de cada familiar, de cada compañeiro de traballo, alimentan preguntas incesantes: Como morreron? Quen o matou? Por que? Onde están os seus restos para recuperalos e darlles un lugar de homenaxe e memoria? Onde está a verdade, a súa verdade? A nosa é a verdade do sufrimento. A dos asasinos, a covardía do silencio. Así prolongan a impunidade dos seus crimes e convértena en impunidade dúas veces(...)"


1 comentario:

Anónimo dixo...

Eu comento para q vexas que non só comento nas seccións de Anxo, porque supoño q esta fariala ti (benquerida profesora), para iso e porque me gustaron moito as palabras, todo o que teña que ver coa poesía...tirame.
Ai esta ela, de pé contra a morte, que bonito, e que triste.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.