O 11 de febreiro púxose en circulación un selo contra a violencia de xénero, impreso en offset, en papel autoadhesivo fosforescente. O seu formato é de 28,8 por 40,9 mm. (horizontal), disposto en pregues de 20. Ten unha tirada ilimitada e cun valor postal de 0,31€.
Coincidindo coa emisión, Correos tamén distribuiu nas súas oficinas máis de 160000 unidades de imáns coa imaxe do selo, que pode servir de lembranza para as mulleres que queiran facer uso do 016.
O obxectivo é contribuír á erradicación dos malos tratos á muller a través da difusión do teléfono de información e axuda ás mulleres maltratadas.
1 comentario:
Cuando fui a comprar sellos para que nuestros alumnos, en el taller de lengua, enviaran las cartas por correo, pensé en deciros que había un sello dedicado a la violencia contra las mujeres. Se me pasó y...hoy estoy muy contenta de ver vuestra entrada.
Publicar un comentario