Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/04/08

Nontodovanserlibros (XXX)

Falar de Nacho Vegas (Xixón 1974) é facelo dun dos talentos máis extraordinarios que deu a música española na actualidade. Desde que a urxencia xuvenil lle levara a coller unha guitarra como medio de expresión e agochar a súa timidez tras unha melena loira como membro de Eliminator Jr, Nacho non cesou na súa busca por camiños antes non transitados, xa sexa a través dos grupos nos que militou, nas colaboracións que levou a cabo xunto a outros artistas ou na relación natural que a súa música ten coa pantalla, tanto grande como pequena.

Anos de axitación, nos que compañeiros de xeración (en algúns casos incluso de local de ensaio) apareceron en forma de bocanada de aire fresco para dar unha labazada ao ancorado panorama pop, cargado de vellas glorias amarradas ao seu sillón. Grupos como Los Planetas, Australian Blonde, Nosoträsh, Penélope Trip ou Manta Ray, banda da que Nacho Vegas foi membro fundador e á que imprimiu o seu persoal estilo, abrindo fronteiras, abrindo portas.

Levado pola necesidade de expresión Nacho Vegas deixou Manta Ray para bucear no seu mundo interior, para presentarse en solitario, que non só, para ofrecernos o seu compromiso coa sensibilidade e a sinceridade, para dar un novo enfoque á figura do cantautor rock, para continuar a súa viaxe.

Artista de pequenas masas, de músicas íntimas, de poesía debuxada entre acordes.
Escoita estas cancións como se fosen un pequeno tesouro.








4 comentarios:

Anónimo dixo...

Non é por pelotear (q ben sabedes que non é o meu) pero está moi ben esta recomendación, eu xa me descarguei un montón de cancións; sempre está ben descubrir (ou que descubran por nós, mellor dito) cousas así de boas. Gracias

Ronsel dixo...

Vale, estou tocada. Sabes que a primeira é a primeiriña da miña lista de cancións. Encántame. Agora ademais de no coche téñoa no blogue!
Bicos

Anónimo dixo...

uff.... cmmo me gosta este homeEee!!! jejej

uns temaZasss, si señorrr ;)

bicoss

Anónimo dixo...

Canto me alegro de que vos gustara esta recomendación!

Sempre está ben iso de acertar nos gustos da xente...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.