Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/04/08

Papel mollado

A FAO vén de anunciar que a fame podería matar a máis de 100 millóns de persoas (40 países en situación de "extrema emerxencia"). O encarecemento dos prezos dos alimentos está a causar unha enorme crise alimentaria. As causas da crise están na alza do prezo do petróleo, o boom dos biocombustibles, o aumento da demanda nos países en desenvolvemento, os efectos do cambio climático como son inundacións e sequías que arruinan colleitas, o consumo desmedido do mundo occidental.
O primeiro dos obxectivos do Milenio que foron expostos pola ONU para o 2015 convértese en papel mollado se se continúa deste xeito: "a crise alimentaria está a causar un tsunami silencioso". E este tsunami é provocado por todos nós, países ricos que seguimos a mirar para outro lado, coma sempre máis doado.


O mundo debe impulsar a agricultura.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.