Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/04/08

Tempo de ler


Non pensariades que neste Día ía deixarvos eu só co "post" anterior, non si? Xa sabedes que "carecer de libros propios é o colmo da miseria". Achego un texto especial de Mariela Ferrada-Cubillos:
"É tempo de ler, é tempo de compartir; a ledicia dun libro, a esperanza, a dúbida, o anceio de paz, a dor e a redención. Aloumiña ao teu amado ou á túa amada, ao teu fillo ou á túa filla, ao teu irmán ou á túa irmá, entrégalle a palabra compartida en voz alta. Fai que floreza o gozo de ler, de liberar e ceibar os nós da vida, mediante o coñecemento que neles atopamos.
Examinemos xuntos as páxinas dese libro que che regalou a vida e queres que eu coñeza. Déixame sentir o teu corazón nu.
Abre as túas mans, inclínate fronte ao libro e dá grazas por el".



Ademais, lembremos que estamos no Ano Internacional dos Idiomas, o que nos leva a examinar outra dimensión do libro: o aspecto lingüístico da edición.
O libro é un medio de expresión que vive na lingua e grazas a ela. Ao escoller a súa lingua de escritura, o autor selecciona aos seus lectores, e a tradución permite tender pontes lingüísticas.
Cando un idioma carece de acceso ao mundo editorial atópase excluído de gran parte da vida intelectual e actividade económica da sociedade. Por iso debemos lembrar que o porvir do libro na nosa lingua e en calquera outra minoritaria é ademais de vehículo de expresión, recoñecemento lingüístico.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Que fermosura!!
Ás veces pregúntome canto tempo lle adican os autores a este blogue.
Hai que barallar o mundo para atopar estes magníficos retallos.
Grazas por todo isto que nos regalades, sodes os mellores (xa sei que me hei de arrepentir... que logo non hai quen vos ature, poñédesvos dun altivo... así, co nariz erguido, como arrecendendo o fume dos avións...)
Saúdos

Montse dixo...

Genial aquesta entrada i l'anterior i l'altra.L'acudit d'en Forges... sense paraules!
Bicos!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.