Alejandro Félix Raimundo reflexiona acerca das razóns últimas polas que un poeta segue escribindo poesía, a pesar de ser unha manifestación literaria de supervivencia heroica:
"No contexto dunha época caracterizada pola búsqueda do éxito inmediato e polo culto da imaxe, dominada polas esixencias do mercado e indifente aos intereses máis profundos do ser humano, a poesía aparece como unha manifestación estraña e quizais anacrónica (...) A poesía é, a causa do lugar marxinal que ocupa na sociedade do noso tempo, a máis indicada entre todas as actividades humanas para xerar un proxecto de vida alternativo. Ao non buscar o éxito e ao non "pretender" cambiar a sociedade, representa unha acción que constitúe un fin en si mesma. Unha acción que lle permite ao home obxectivarse evitando ao mesmo tempo o risco de toda alienación. Dicir que a poesía actúa sen pretender non equivale a presentala como cómplice dunha determinada orde social e política, senón presentala no seu aspecto máis característico: como un misterio que irrompe na existencia do ser humano transformándoa. A poesía é crítica respecto de calquera sistema, e éo polo feito de utilizar a linguaxe nun sentido diferente ao cotián, facendo posíbel dese xeito o acceso a realidades virtuais que tornan máis ampla, fecunda e profunda a nosa experiencia vital. (...) A poesía resulta fundamental nunha época como a nosa porque nela cada vez somos máis incapaces de facer unha cousa por amor a ela mesma. É unha aproximación ao inefable que se distingue pola súa enorma capacidade de suxerir".
Sen comentarios
Publicar un comentario