Por vez primeira desde que trafegamos ronseis, este blogue estivo calado varios días. A razón: un tempo de reflexión pola descualificación do Premio Edublogs que nos fora concedido.
Para @s que non teñades coñecemento sobre este suceso, querémosvos explicar o acontecido: fomos acusados por un "anónimo" de redactar algunhas das nosas entradas (non chegan ao 10% das 800 existentes) sen poñer as referencias pertinentes. O xurado, autodescualificándose, avísanos de que sería preferible "a nosa retirada" por honradez.
Aclararemos, se cómpre, que nunca tivemos intención de nos apropiar de palabras alleas nin atribuírnos méritos doutras persoas; antes ben, desexabamos achegarvos na nosa lingua informacións diversas que existían na rede en castelán. Non é o noso propósito inventar, senón difundir e compartir, despois dunha selección previa que supón tamén horas de traballo.
É precisamente a nosa honradez a que nos presenta ante vós, lectores e lectoras do noso blogue, para que sexades vós quen nos xulgue. Nunca fixemos un blogue para acadar un premio, senón que a súa construción débese ao noso alumnado, ao noso soño e esperanza de que eles constrúan un futuro mellor a partir destes breves momentos de reflexión, cultura e ocio EN GALEGO.
Ambos estamos orgullosos do noso traballo e as palabras de Charo, Olga, Bolbor, Vicky, Fran e Montse no blogue do premio así como as diversas mensaxes recibidas fannos intuír que estamos no camiño correcto. Agardamos –e necesitamos- os vosos comentarios: de vós depende que sigamos construíndo ronseis.
Para @s que non teñades coñecemento sobre este suceso, querémosvos explicar o acontecido: fomos acusados por un "anónimo" de redactar algunhas das nosas entradas (non chegan ao 10% das 800 existentes) sen poñer as referencias pertinentes. O xurado, autodescualificándose, avísanos de que sería preferible "a nosa retirada" por honradez.
Aclararemos, se cómpre, que nunca tivemos intención de nos apropiar de palabras alleas nin atribuírnos méritos doutras persoas; antes ben, desexabamos achegarvos na nosa lingua informacións diversas que existían na rede en castelán. Non é o noso propósito inventar, senón difundir e compartir, despois dunha selección previa que supón tamén horas de traballo.
É precisamente a nosa honradez a que nos presenta ante vós, lectores e lectoras do noso blogue, para que sexades vós quen nos xulgue. Nunca fixemos un blogue para acadar un premio, senón que a súa construción débese ao noso alumnado, ao noso soño e esperanza de que eles constrúan un futuro mellor a partir destes breves momentos de reflexión, cultura e ocio EN GALEGO.
Ambos estamos orgullosos do noso traballo e as palabras de Charo, Olga, Bolbor, Vicky, Fran e Montse no blogue do premio así como as diversas mensaxes recibidas fannos intuír que estamos no camiño correcto. Agardamos –e necesitamos- os vosos comentarios: de vós depende que sigamos construíndo ronseis.
31 comentarios:
Hola!
Os animo a seguir trabajando en vuestro Blog.
Lo que siento es no saber gallego para poder seguiros.
Yo veo estos premios como algo que nos debe servir para difundir nuestro trabajo con las Tic, todos los blog que nos hemos presentados están muy trabajados y eso es lo importante: Nuestro trabajo y la ilusión que ponemos en ellos y ese debe ser vuestro PREMIO.
Un saludo de Conchi (EEI. Abgena)
Mi solidaridad con uds. y vuestro trabajo. Rechazo enfáticamente a aquellos que se erigen en jueces de la nada, con autoridad faláz y actitud soberbia.
Este premio hubiera sido un estímulo, en todo caso, pero no hace mejor a nadie ni aprueba "oficialmente" a ningún blog.
Que eso no los desanime.
Un abrazo solidario,
ufff.... pero eu non dou crédito...
pero que maldade!!!!!
Nada..un premio que se foi pero outros que en nada virán, porque o merecedes, polo voso gran traballo e dedicación ao blog, que é inmensooo!!!
E nada de desanimarse!! a seguir currando!!! jjj
moitisimos bicos
Es vergonzosa la forma en que os han desacreditado y el momento elegido para hacerlo. Esa persona hace mucho tiempo que podría haberos dejado un comentario en cualquiera de las entradas en las que no había referencias, pero no pretendía hacer justicia a las fuentes, no ha querido más que hacer daño. ¡Qué pena y cómo se ha retratado!
Comprendo que os habréis llevado una gran desilusión, pero lo importante es la fidelidad de vuestros lectores y su apoyo.
¡Ánimo y no os dejéis derrotar!
Un anónimo ten creto para acusa de non ofrecer as refencias?
Somos centos de anónimos que poderíamos probar o bo traballo de Trafegando...
Lamento vivamente la situación planteada. No dudo de vuestra honradez intelectual. Ignoro a qué se refiere el comunicante anónimo, pero ha sido un resultado triste. Ánimo, amigos.
A pesar de todo lo ocurrido, no creo que nadie dude de la calidad de vuestro trabajo. Ha sido un mal trago para todos.
Engado este comentario coa esperanza de que cada un deles que vaiades lendo vos alivie un pouco da "espiral de amargura" dos días pasados.
A Dolores e os seus pastelitos non merecen máis tempo de atención, só desprezo por tanta mesquindade: pensa o ladrón que todos son da súa condición!
En canto á decisión do xurado, creo que non lle debedes dar ningún valor porque perderon toda a credibilidade co seu proceder.
E a sombra de dúbida que intentaron proxectar sobre a honestidade do voso traballo seremos as lectoras e lectores deste blogue os que nos encargaremos de borrala sen que deixe rastro.
Ánimo e a seguir trafegando coa cabeza ben alta. Continuaremos, día a día, esperando os vosos ronseis, porque, sen dúbida, ESTADES NO BO CAMIÑO!
Hai que dicirlle a ese anónimo que se dedique a crear e non a destruír. Os do xurado, lucíronse, que fenómenos!
Eu, que sei algo de mesturas, vou patentar a fórmula da inmundicia. Necesitamos antes facer dous preparados.
Primeiro: 10 partes de envexa, 3 de malicia, 5 de ausencia de valores e 6 de ignorancia. Axitamos todo para formar a chamada "repugnancia Dolo-Susa". Esta substancia é terriblemente tóxica e produce cara de estrinximento.
Segundo: 8 partes de netiqueta, 5 de papistas, 4 de psicopatía, 6 de ineficacia. Axitado todo forma o chamado "xurispiral", que de por si non é tóxico pero resulta letal ao ser mesturado coa "repugnancia Dolo-Susa".
Agora só queda mesturalo todo, este proceso é recomendable facelo de xeito virtual para evitar o cheiro.
Esta inmundicia sérvese acompañada dunha buxaina.
Hai dúas opcións, papar o prato anterior ou continuar remando, rescatando náufragos deste mar de ignorancia e irreflexión que nos está a afogar. Unha vez salvados, é cousa de reunirse cos amigos nunha romaría campestre (data a establecer). Eu véxoo moi claro...
Ánimo, a seguir subministrándonos o antídoto contra a inmundicia. Cada vez é máis necesario.
Eu creo que a algúns seríalle moito máis útil porse a ler blogues coma este nos que con cada entrada che achega unha morea de novas sensacións, realidades para algúns descoñecidas ou esquecidas e non dedicarse a descalificar o traballo dos demais, sexa por envexa ou por calquera outra cousa. Se en lugar de andar a buscar o detalle que calquera persoa pode cometer, pois ninguén é perfecto, se dedicase a pasar un anaco agradable lendo o blogue seguro que sería máis feliz. Eu apoiovos a que sigades construíndo ronseis.
Está claro que vosotros "trafegais" y que otros "trafican", pero en todo caso, Gracia e Anxo, acordaos de" a palabras necias, oídos sordos", porque vuestros lectores necesitamos seguir viendo "os ronseis" que dejáis.
Anxo i Gracia: ENDAVANT!
No us pareu pas.
Ens agrada llegir, mirar, somriure, pensar, imaginar, reflexionar, jugar, ... amb el vostre bloc.
Moi boas!. O único premio que endexamáis vos poderán quitar, o que realmente ten un valor infinito, e o que é codiciado por tódolos blogueiros xa o tendes, e somos nós, os lectores, que coas nosas visitas habituais así como os comentarios que facemos premiamos cada día ista bitácora.
Seguide así, trafegando ronseis cada día, nós, os lectores necesitamos seguir os vosos ronseis.
Graciñas por todo e deica logho!
Da magoa o que vos pasou, pero...
¡Non vos desanimedes! e seguide traballando no voso blog porque hai moitos blogueiros que vos apoian coas súas visitas e comentarios.
Saúdos
Mari Carmen
Por favor!! Non deixedes de construir e compartir, o que facedes é maravilloso!
É certo que hai xente mala (como di miña avoa, ruín coma os piollos),pero tamén é certo que hai moita moita moita xente que se merece a vosa compañía.
Eu teño un premio para vós:un abrazo moi forte e un bico cheo de palabras de agarimo!MUA!
Bueno, que decir que non esté xa comentado. Que estou orgullosisima de formar parte das Estrelas dos Ronseis. E que moitas grazas por achegarnos cada día todo o que nos ensinades tanto Anxo coas súas matemáticas (e non tanto) e coa seu marabiloso mundo musical coma Gracia coa súa defensa de todo o q leve por diante o artigo "a" e demais.
E bueno, non podía deixar un comentario sen falar do comentario de Bolbor, profe, cada día sorpréndesme máis, de onde sacarás esas cousas...
Bicos.
Todos temos claro cales son os obxectivos nos nosos blos: O noso alumnado, fundamentalmente, e promocionar a nosa cultura a través deles. Nunca se nos pasou pola imaxinación que puidese haber pozos de inmundicia anónima destructora que pretenden medrar sen dar a cara. Parece tamén que o papismo, para os blogs de aula, centro ou profesores que pretendemos DIFUNDIR, que non apropiarnos de nada, non parece a mellor receta, pois pasariamos ó papanatismo. Animo Gracia e Anxo: a nós gústanos ese blog de pingas e segue a ser o mellor, con premio e máis agora sen el, porque é un blog de bos e xenerosos. Os que non saben selo que cargguen coa súa cruz.
Se a envexa pinta de verde, gustaríame ver agora a cara da querida lola-susa-pastelillos ao comprobar o apoio incondicional das persoas que saben ver a auténtica realidade e a, por outra banda, clarísima intención deste blog IMPRESCINDIBLE. Trafegando ronseis é un deses traballos que miras e admiras, que disfrutas, que fan a blogosfera máis interesante... Non vos rindades, non deixedes que o tufo de certos pasteis nos priven da vosa compaña
Unha aperta dende Vigo
Julia
Seino, seino, hai moooito tempo que non paso por aquí bueno, minto, que non comento, xa que pasar sí que paso...
non sabedes vós de min nin eu de vós, case, exceptuando algúns correos que me mandades (poucos).
Sabedes que tedes todo o meu apoio :)
e digo eu, se aos do xurado lles mando unha carta dicíndolles que sodes a hostia (ainda non sei se é con -h ou sen ela.. :S) faríanme caso e devolveríanvos o premio tan merecido que tedes por tantas e tantas horas subindo cousas ao blogue? Se fose así decídemo que me poño de contado!:)
sabedes que vos quero moito, e estou con Hadriana, que senon vos dan este premio non vos desilusionedes, outros virán!:)
mil bicos!
son adelcisa (pq creo que non me deixa pñer o meu nome arriba,,, estas tecnoloxías....) :)
O mellor premio que podedes ter é o feito de vos seguirmos tantas persoas que agradecemos inmenso o voso traballo e aprendemos con el; e isto é, ao tempo, o que máis ten que machucar o anónimo semeador de nadas.
Non merece que lle dediquedes un minuto máis das vosas reflexións; poñámonos a traballar desde xá.
Abrazo
Maria
Creo que no es un buen ejemplo para el alumnado que se culpe a Dolores o a los administradores de Edublogs. Los autores deberíais de reconocer, con humildad, que parte de vuestros textos no son originales, como ejemplo para que las nuevas generaciones no incurran en el plagio. La actividad intelectual es fruto de trabajo y de formación, como cualquier otro oficio, y debe de respetarse la autoría. Del mismo modo, reconozco que vuestro blog es estupendo y que vuestro alumnado puede considerarse afortunado de contar con vosotros. Pero al César lo que es del César. Otros, mejores o no, han jugado más limpio. Un saludo.
Soy una de las autoras del blog que ha ganado el primer premio de blogs de secundaria.
Estos premios no se dan necesariamente a los mejores, sino como se ha visto, a aquellos que además de ser buenos, se ajustan a una serie de "normas" discutibles.
Aunque no entiendo a la perfección el gallego, sí me doy cuenta de la pasada que es vuestro blog. Me parece un trabajo increible. El competir y ganar en este caso, es algo que no debería motivarnos, preferiría que el premio fuera la satisfacción de saber una labor bien hecha.
Enhorabuena, sois, para mí, los mejores.
Un abrazo.
Elvira González (I.E.S. El Álamo, Madrid)
No había tenido la oportunidad de conocer vuestro blog. Hoy he andado dando vueltas por él y me parece un buenísimo blog. No sé si plagiais o no, pero estoy seguro que lo hacéis para vuestro alumnos y alumnas que se merecen lo mejor. Tampoco creo que hayáis hecho el blog para ganar un premio sino para vuestro trabajo de profes y profas. Sólo quiero felicitaros y animaros a seguir buscando lo mejor para vuestro alumnado.
ZORIONAK ETA LANARI EUTSI GOGOR!
Una abraçada des de Lleida.
Endavant Trafegando ronseis!!!
Senyor i = Ignasi
Porque sodes os mellores, con o sen premio ¡Hai que seguir adiante!Non esperamos menos de vós,..
Unha aperta
o que eu sinto é carraxe. o que me fan sentir, pena. e para dicir o seu motivo so teño unha plabra: ENVEXA.
poderanvos quitar ese merecidisimo premio, si. Pero non vos poderan quitar o máis importante, ese que eles nunca adadarán: o apoio de tantas persoas que vos seguen, e o cariño dos que vos coñecemos.
Con maldade non se chega a ningures, e teño as miñas dúbidas de que destruindo aos demais un mesmo consiga ser máis feliz. En fin. Pobres.
querovos moito, seguide con este marabilloso proxecto e non vos desilusionedes. Non conseguiran o que pretenden eses anónimos con nome propio.
moitos bikiños
Seguide adiante co voso estupendo traballo, que se demostra día a día...
Beatriz. IES Río Cabe
Aproveitando que este post cambia de páxina, quixeramos dalgún modo zanxar toda esta polémica que se creou en torno a nós.
Por suposto, agradecemos todas as vosas opinións que ben seguro nos servirán para mellorar e non cometer os mesmos erros.
Seguiremos traballando neste noso humilde recuncho cibernético co fin de seguir loitando por todo aquilo no que ámbolos dous cremos.
Grazas a tod@s.
Gracia e Anxo.
Para min, iste é un blog estupendo e que sempre me apetece dar una volta por aquí. Con premio ou sen premio. Un bico.
Muy poca vergüenza es la que debéis tener para no reconocer vuestro ¿¿¿error??? al copiar sin citar. Me produce repugnancia intelectual vuetra actitud, lo que habéis hecho, y creo que el jurado os ha dado una lección que deberíais tener en cuanta con dignidad. Visto lo visto: la habéis perdido. Hasta nunca.
Publicar un comentario