Cantas veces teño falado xa da experiencia que supón o novo enfoque dirixido á aula de 4º de ESO? Hoxe teño que volver a facer referencia a este traballo. Porque o que comezou como un obradoiro de teatro dentro da aula, lendo personaxes de diferentes obras, acabou sendo o que hoxe vos presento: unha obra clásica "adaptada", con 19 personaxes e de case hora e media de duración. E é que resulta imposible negarse a tanta vitalidade.
Son moitas as horas empregadas, moitos os risos e moitos os enfados. Son moitos os nervios. Pero aquí estamos, unha dobre función agarda por nós no día de hoxe, e podo dicir que confío neles para que todo saia ben, pero tamén podo afirmar que me sinto orgullosa do seu traballo paseniño, da evolución da que fun testemuña nestes últimos meses. Hoxe, último ensaio, sorprendíame a min mesma porque aínda conseguen emocionarme, aínda conseguen facerme rir a gargalladas. Sorpréndeme a súa capacidade de engaiolarme e enfadarme, de deixarse querer.
Por iso invítovos a que veñades velos actuar hoxe ás nove da noite, tanto se estades preto ou lonxe, invítovos a que asistades a unha clase de lingua galega desta que vos fala cun sorriso debuxado nos beizos porque Vostede ten ollos de muller fatal.

10 comentarios:
E que vou a dicir eu destes vinte trasnos... pois que os quero un montón e que os adoptaría a tod@s aínda que eu tivera que quedar fóra da casa por non caber dentro.
É unha ledicia velos actuar, cada un co seu estilo e coas súas trasnadas.
Non vos perdades esta obra, que estes rapaces non só nos ensinan como actúan... ensínannos a actuar...
Enhorabuena por el Premio Espiral Edublogs. Os lo merecéis de verdad.
Un saludo.
Recén chegado da Casa da Cultura de Silleda tras ver a representación, non me queda máis que felicitar á miña compañeira blogueira polo seu excelente traballo con estes rapaces e, como non, a todos eles polo seu esforzo, dedicación e, por que non dicilo, o seu enorme talento.
Como ben dicía bolbor no post anterior, é unha ledicia velos actuar, e aínda engadiría algo máis: é unha delicia velos medrar como persoas.
Unha aperta o máis agarimosa posíbel para todos eles.
Ola!!
Son Alex!!
Era para decirvos que a obra me gustou moito!!
Paseino moi ben e rinme moito!!
Fixestes un moi bo traballo!!
Noraboa aos organizadores e sobre todo aos actores que bordaron o seu papel!!
Saúdos!!
Ola
Son Somoza quería darche parabens pola obra de teatro e decirche que estivo moi ben. Divertinme moito véndoa e gustoume o papel de cada persoa. Tamén hai que destacar ke Marcos Eva e Andrea tiñan un papel moi longo e foron uns dos que máis me gustaron
1 saudooo
Encantoume a obra e os actores eran estupendos. Ten moio mérito que unha profesora confíe tanto nos seus alumnos e que sexa capaz de adentralos nunha nova aventura.
GRAZAS a todos por facernos pasar un agradable momento e por facernos sorrir.
Gracia, GRAZAS por confiar nos alumnos e ter sempre un momento libre na túa apretada axenda para atendernos e para facer pasárnolo ben.
Bicos
Primeiro felicitar a Anxo e a Gracia por o premio, e o segundo, felicitar os alumnos de 4º A que o fixeron moi ben e traballaron moito, foi unha obra divertida e xenial, grazaspor unha tarde agradable. Os meus parabéns.
oooooo q bonitooo
nosotros tamb lo pasamos muy bien
aunq cuando te enfadabas cn jose teniamos todos algo de miedito.. jeje
ya tengo ganas de empezar a hacer otra obra xq se pasa genial! =D
y el comentario del tutor pixoso :D
un beso
Unha delicia. Ver como a xente se enorgullece do que fai é o éxito que toda persoa debe procurar. Os alumnos e alumnas que participaron na obra de teatro non só son bos actores, bos estudandes, senón (e que é o máis importante) boas persoas. E as boas persoas sóeslle saír as cousas ben. Parabéns ós meus alumnos (e a pesar diso amigos, ou polo menos eu si o son deles), a Suso e Manuel, a Anxo, e como non, a Gracia (¡¡¡ves como non tes tan mala sorte!!!).
Unha aperta forte para todos vós por facerme rir e disfrutar, algo que ultimamente tiña esquecido.
Xoán Carlos.
Pasou xa case un ano dende aquelas e aínda hoxe me sinto moi agradecida, en primeiro lugar pola valoración dos nosos profes de teatro e en segundo lugar pola valoración de compañeiros, amigos e máis xente que nos veu ver!! Moitas grazas a todos por esas gratas palabras.
Oxalá volvamos a repetir esa grande experiencia... foi precioso,...
Publicar un comentario