Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/05/08

Cruceiro de verán

Andrea Díaz reflexiona:

Cruceiro de verán
Truman Capote
Galaxia


A historia que vive a protagonista é a que nos gustaría vivir a todos nós, ou polo menos a min encántame a idea de quedar todo o verán soa na casa, sen que me vixie ninguén, baixo a miña propia responsabilidade, e máis vivindo en Nova Iorque. Gústame moito esta historia de amor pero o certo é que o mozo intrígame, a súa personalidade ponme nerviosa e ata cheguei a enfadarme con el. Aínda que ela tamén ten o seu, ás veces tan madura e outras tan insegura. A personaxe do mellor amigo dela encantoume, é simplemente o rapaz perfecto, e esta historia tivese final feliz a min gustaríame que fose con el, aínda que para iso tería que dar mil voltas. Os personaxes resultan ser máis complicadas do que parece e todo ten unha especie de dobre sentido ou unha especie de metáfora.
Encántame como escribe este autor: engancha.
O final é excepcional, magnífico. Digno dun libro coma este: simplemente perfecto.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.