Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/05/08

Pradolongo

O xoves pasado acudiron ao noso centro o director e os protagonistas de Pradolongo para presentarnos a película e invitarnos a ir vela ao cine. Xa que eu non puiden asistir pedinlle a unha das asistentes que realicese esta entrada no blogue, polo que as palabras que tedes a continuación son de Andrea Díaz:
Faláronnos da película, das súas opinións persoais e do estado do cine en Galicia e en galego. Pero ademais diso tamén nos deron consellos sobre como deixar de lado os nervios antes de subir a un escenario. Foron moi simpáticos connosco, e moi amables e cercanos. Fixéronnos pasar un rato verdadeiramente agradable. E podemos dicir que grazas a eles estrear a nosa pequena obra se fixo un chisco máis fácil e fixémolo con maior confianza, porque nos revelaron algúns trucos e nos prestaron a súa axuda: por iso pouco antes de comezar a obra algúns fomos correr!

E onte á tarde fomos ver a película. En xeral, non gustou demasiado, xa que non lles pareceron moi bos actores e actrices, curiosamente o que máis lles chamou a atención foi a dialectoloxía, tan diferente da nosa fala; o máis criticado: o final. De todos os xeitos, un pracer ver cine galego e pasar unha tarde en tan boa compaña.



Trailer PRADOLONGO from pradolongo on Vimeo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

A verdade que a presentación da película polos actores no Ies estibo moi ben,pero pola contra a película non estibo tan ben.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.