Este é un impresionante proxecto artístico que mestura pintura mural, fotografía, animación flash e son. Deseñado por un grupo de mozos alemáns, son 99 habitacións dunha fábrica abandonada que se van percorrendo a medida que un vai descobrendo chaves de luces, personaxes graciosos ou fantasmagóricos, portas que se abren, manubrios que se apretan e plataformas que soben e baixan. Unha viaxe interactiva para os afeccionados ás artes plásticas, cunha exquisita e arrepiante estética.
Vía Déjame que te cuente
Sen comentarios
Publicar un comentario