É común escoitar que case toda a Terra estivo cuberta polos océanos, pero poucos saben que en lugares tan áridos como o deserto do Sáhara nadaron un día as baleas. Os seus esqueletos, fosilizados, son a proba. Teñen nada menos que 40 millóns de anos.
Javier Otazu explícano como hoxe este deserto debe ser protexido. Os fósiles atópanse a 200 quilómetros ao suroeste de O Cairo, na depresión de Wadi Rayan (provincia de Al Fayum), un dos conxuntos máis ricos do mundo en fósiles mariños: todo tipo de cunchas, caracolas, ourizos e estrelas de mar, cangrexos, tartarugas e dentes de tiburón.
Os fósiles sobreviviron case intactos grazas ao extraordinario poder conservador da area, a mesma que permitiu a recuperación de numerosos templos faraónicos sepultados entre as dunas durante séculos.
O chamada Val das Baleas -ou Wadi al Hitan en árabe- é só un recuncho dos 1759 quilómetros cadrados que ocupa Wadi Rayan, pero a existencia destes esqueletos fósiles e a súa paisaxe única fixeron que no ano 2005 a UNESCO o declarase Patrimonio Natural da Humanidade.
Vía Libro de Notas
Sen comentarios
Publicar un comentario