Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/06/08

Cuestión de coordinación

A medida que pasa o tempo, estoume decatando de que me interesan máis os anuncios publicitarios que a propia programación das cadeas televisivas. Que me está a pasar? Tan mal está a cousa? Pásavos o mesmo?
Esta pequena xoia é un espectacular spot turco que se pode resumir nunha única palabra: coordinación. Agardo que vos guste...

E que vos parecen estas "cortiniñas publicitarias" de Antena3 TV do Nadal 07? Eu xa case non me lembraba delas...


1 comentario:

Anónimo dixo...

Impresionante....
non é dificil emocionarse máis cos amuncios que coa programacion...

Hai anuncios que te fan chorar de emocion...ver algún programa tamén fai chorar, pero non de emoción precisamente.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.