O vídeo que vos presento a continuación reflicte perfectamente o erro que cometemos moitos dos ensinantes cando queremos introducir as novas tecnoloxías nas nosas explicacións. Creo que é evidente a necesidade de incorporar as famosas TIC dentro da aula, pero coido que non sempre van acompañadas do correspondente cambio no método de traballo. De que vale cambiar o envoltorio, se o que está dentro nos segue sen gustar?
Ese cambio de "chip" é sobre o que vos quero facer reflexionar. Pouco a pouco, dando pasos curtos pero precisos. Como amante das novas tecnoloxías e buscador de motivacións constante dentro deste eido, podo dicir que a medida que pasan os anos máis convencido estou da necesidade de mergullarnos dentro deste mundo. Outro cantar sería reclamar a quen corresponda a suficiente formación para levar a cabo toda esta tarefa, e que non se quede tan só nunhas liñas dentro do currículo. Pero iso xa é un capítulo aparte...
Sen comentarios
Publicar un comentario