Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/06/08

Curas do país

Este martes que pasou, chegou un meu compañeiro que vive en Lestedo ao instituto todo atolado, comentándome as cousas que dicía o cura da súa parroquia. Levoume directamente a este artigo: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idNoticia=313771 no que podemos ler perlas tan marabillosa e "curiosas" como que este señor compara o uso do galego co arado romano. Para que dicirvos máis se podedes ler o artigo. Pero non contento con estas ideas, o meu compañeiro contoume da súa misoxinia, de como lles recomenda ás mulleres maltratadas que aturen o que lles veña enriba (para iso están casadas) e que vistan e se comporten como os seus maridos queiran. Vivir para ver. Mellor non saber canta xente opina coma el, para non facer mal sangue! Déixovos unha ligazón a Galicia Hoxe onde Fernán Vello tamén comenta o caso anonadado.
O que non comprendo é como a xente lle segue indo á misa...

1 comentario:

Anónimo dixo...

Pois eu quédome co comentario ao artigo dun tal Jesus:
"... só un idiota pode pedir que se esqueza unha lingua, saberá este home o que significa unha lingua?. Lamentablemente este país está cheo de necios coma o que aquí reza, non valorar a nosa lingua e desexar que se perda porque resulta "molesta" é unha aberración cultural de tal calibre que sobran máis comentarios... incluso atendendo aos seus argumentos, sería algo así como queimar un Velázquez porque agora hai cámaras fotográficas...

Que Deus nos ampare."


Un saúdo... (ánimo don Armindo, que en el cielo se habla castellano... y en el infierno también...)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.