Gulabi gang (vixiantes rosas) é un grupo de mulleres da rexión india de Banda que loitan contra a corrupción e a violencia, visten saris rosas e perseguen a policías corruptos e a homes que maltratan ás súas mulleres. Levan dous anos defendéndose nunha das rexións máis pobres do país, xa que ninguén as axuda. Son "unha banda de xustiza" que nada ten que ver coa política. Hai poucos lugares da terra onde a vida sexa máis difícil e penosa, breve e brutal, un lugar onde se morre de fame e onde a corrupción e a inxustiza son moedas de cambio constante. Contra isto loita esta asociación de mulleres desde hai dous anos, cun "lathi" (bastón tradicional indio) para a defensa persoal.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
29/06/08
Gulabi gang
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Igualdade, Muller, Paz, Sociedade, Solidariedade, Violencia, Violencia de Xénero
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
2 comentarios:
Habaría que corrixir: "nada ten que ver coa política", pois isto si é política (non policía)
Xas
E qué ló!. Se nalghún lughar as heroínas son máis heroínas, ese é aquel onde máis son despreçiadas, polo tanto non podo diçir máis que ghraçias a istas mulleres por amosarnos o camiño da liberdade e da xustiza.
Énchenseme os ollos de bágoas pensando no que sufre esa xentiña.
Publicar un comentario