Vin en Islas Cíes esta iniciativa de difusión para loitar contra a anorexia e a bulimia en Internet e sumámonos a ela rapidamente. Aquí indícase a necesidade de que os blogueiros axuden cos seus post para axudar a loitar contra estas enfermidades.
Enfermidades que proveñen nin máis nin menos de nós mesmos, da nosa sociedade actual, esa que entre todos e todas construímos cada día. Como podemos pedir unha sociedade máis xusta se só nos preocupamos polas aparencias? Cando miro e escoito ás miñas alumnas -sobre todo- falar de quilos e gorduras sempre lembro a aqueloutra alumna a quen esta enfermidade lle botou as súas gadoupas. Pódovos asegurar que é tremendo. E non falo desde lonxe, porque o vivín de preto. Ver como unha persoa que tiña todos os ases na manga para triunfar vaise esvaecendo pouco a pouco, unha persoa tan intelixente que de súpeto nin ven nin oe nin recoñece... Pensade que o que menos importa é a imaxe, senón os valores que nos conducen no camiñar. Adelgazar cada día é morrer un pouco cada día
O vídeo é tremendo, asegúrovolo. Pon os pelos de punta. Pero cavilade sobre todo na primeira imaxe que nos ofrece: o cerebro é tan poderoso que é capaz de deformar o espello; vemos o que queremos ver.

Máis información en:
- Posiciona contra la anorexia
- Stop obsesion
- Tú eres más que una imagen
- El mundo de Ana y Mía
Díxenvos que o vin no blogue Islas Cíes?
Vía Islas Cíes
Sen comentarios
Publicar un comentario