... en galego!
Como remate de curso, co alumnado de 4º-A organizamos unha modesta exposición cos traballos de lectura e escritura realizados durante este curso académico. Estaban moitos dos libros lidos, as libretas onde apuntaban as súas reflexións -e que podedes ler premendo no lateral dereito deste blogue: As estelas dos ronseis- e unha pequeniña novela que tiveron que escribir. Foi abraiante o empeño que nesta tarefa procuraron, dando como resultado uns relatos bastante ben artellados e con presentacións insólitas, como a encadernada en madeira. O tema predominante: amores e desamores na adolescencia, aínda que non faltaron relatos de misterio e outros baseados en noticias reais. Non sei que opinarán eles dos resultados, pero eu con este "experimento" aprendín moito, e creo que moitos deles e delas, cando menos, van seguir lendo no verán, polo que agardo a que As estelas sigan medrando durante as vacacións. Ou que trafeguen por aquí, que todo vale.
Noraboa a toda a clase polo traballo realizado. Pero xa sabedes: en Bacharelato hai que se poñer as pilas!!!
Noraboa a toda a clase polo traballo realizado. Pero xa sabedes: en Bacharelato hai que se poñer as pilas!!!
1 comentario:
Os meus parabens a todos estes rapaces!!
Publicar un comentario