Un dos meus blogues preferidos é Sexismo Publicitario, un blogue que descubrín -como non- grazas a Charo. Aínda que de cando en vez tráiovos cousas del, recoméndovolo vivamente: aprenderes a mirar a publicidade de xeito máis crítico. E hoxe, unha vez máis, fonte de inspiración. Nel descubro esta campaña contra os malos tratos, non sabemos en que país: "Unha muller é a túa amiga. Non a golpees. Ámaa, quérea e protéxea".
Vía Sexismo Publicitario
Vía Sexismo Publicitario
1 comentario:
Parece que esta lacra non ten fronteiras nin coñece poesías. Moito por traballar queda, non?
Publicar un comentario