Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/06/08

Obradoiro de Hip Hop

O luns contamos no centro, como unha actividade do ENDL, con Serxio, ou García, de Dios Ke Te Crew, para realizar co alumnado de 4º de ESO un obradoiro de Hip Hop.
Seguramente todos e todas vós coñecedes este grupo, grupo que cando presentou "Xénese" no ano 2006, o seu primeiro álbum, converteuse en iniciador dunha nova tendencia na nosa lingua, pois por primeira vez editábase un álbum de hip hop integramente en galego.
Falounos de todo o que significa a cultura hip hop e todo o que engloba: graffiti, breakdance, djs e rap. Despois rapeounos un pouco. Faltou tempo para que o alumnado realizase as súas propias creacións, polo que queda convidado a volver o curso próximo. De todos os xeitos, a actividade foi un éxito e o alumnado quedou encantado coa súa visita.
Deixámosvos un poema de Celso Emilio Ferreiro, interpretado por eles, que seguro que xa coñecedes, pois foi colgado neste blogue o Día das Letras Galegas e serviu como fonte de inspiración en moitas ocasións:




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.