Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/06/08

Ser muller? Segundo onde

En Libro de Notas atopei esta curiosa e tremenda reportaxe: "La lista: los peores lugares del mundo para ser mujer". O título dános unha idea do que imor ler, esa irritante e infinita diferenciación que a sociedade e a historia empéñase en realizar entre os seres humanos. Ser muller, xa o sabiamos, non é fácil; nalgúns lugares convértese nunha misión imposible... ou nunha condena a morte.

1.- O peor de América: Haití
Nas aforas de Puerto Príncipe, as bandas organizadas de violadores son un feito na vida de moitas haitianas. Preto da metade das mozas e nenas do paupérrimo arrabalde Cité-Soleil da capital foron violadas ou sufriron agresións sexuais, segundo cifras do informe da ONU de 2006. As ONG explican que o problema non se toma en serio porque moitos haitianos, incluídos membros da policía e do sistema xudicial, consideran que o sexo non consentido é violación só cando a vítima é virxe. De feito, a violación non foi considerada delicto penal até o 2005. Ademais, se un marido atopa a súa muller cometendo adulterio na súa casa, o código penal excúsao se a mata; pero se é a muller quen mata ao seu home polo mesmo motivo, ela non ten xustificación.

2.- O peor de Oriente Medio: Yemen
Os matrimonios a idades temperás son algo corrente en Yemen, cun 48% de mozas casadas aos 18 anos, e algunhas mesmo aos 12. O resultado: escasa saúde para as nais e os seus bebés. Unha de cada 39 mulleres morre durante o embarazo ou o parto, e un de cada 10 nenos non chega a cumprir 5 anos. As yemenís teñen unha vida especialmente restritiva: por exemplo, conseguir un pasaporte ou viaxar ao estranxeiro require o permiso do marido ou do pai.

3.- O peor de África: Sierra Leona
Conta coa desafortunada distinción de ter a maior desigualdade de xénero do mundo. Iso é o que se desprende do informe de Nacións Unidas sobre este tema, que puntúa aos países segundo os indicadores económicos, de saúde e educación para as mulleres. En Sierra Leona, unha de cada 8 mulleres morre durante o embarazo ou o parto, e ten unha esperanza de vida de 43 anos, das máis baixas do mundo. As nenas reciben 6 anos de escolarización. Ademais, hai que engadir os horrores sufridos na guerra civil que asulagou o país durante unha década, cando probablemente un terzo das mulleres e nenas sufriron violencia sexual, o que as atormenta hoxe en día. As viúvas loitan por saír adiante, as supervivintes das violacións están estigmatizadas e discriminadas e os homes continúas asaltándoas con impunidade.

4.- O peor de Asia: Nepal
O matrimonio chega axiña en Nepal -as nadas nos 70 casaron a unha media de idade de 16 anos-, e a maternidade é especialmente perigosa. Nepal é o lugar do mundo onde máis mortes se producen no parto, sen contar a Afganistán e a un pequeno grupo de países da África subsahariana. Só un de cada cinco nacementos é atendido por persoal sanitario preparado.

5.- O peor de Oceanía: Papúa Nueva Guinea
As nenas reciben só cinco anos de escolarización. A miúdo acúsase ás mulleres de bruxería como un xeito de "vinganza" social. Se de súpeto alguén enferma ou morre, a culpa recae nunha suposta "feiticeira" que é golpeada, violada ou asasinada. As mulleres teñen catro veces máis probabilidades de contraer sida que os homes porque a súa situación social non lles permite negociar sexo seguro.

5.- O peor de Europa: Moldavia
Este lugar é a maior orixe de tráfico de mulleres para a prostitución. As mozas e as nenas caen moitas veces en mans de recrutadores con promesas de traballos ben pagados no estranxeiro, pero acaban obrigadas a traballar para proxenetas en lugares como Rusia, Turquía e os Emiratos Árabes Unidos. Mentres, os esforzos do goberno para previr o tráfico das mulleres e protexer as vítimas teñen sido moi febles.


1 comentario:

Montse dixo...

Me escandalizan estos datos.
La "época medieval" y la prehistórica siguen presentes en siglo XXI.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.