Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/08

Un árbol crece en Brooklyn

Esta fin de semana apenas puiden separarme da lectura deste libro, ao que cheguei grazas ao marcapáxinas que o promocionaba coa recomendación de Paul Auster: "Un libro bellísimo de una novelista maravillosa y olvidada". E teño que asegurar que a propaganda acerta: é un libro marabillosamente sinxelo. Esta novela, Un árbol crece en Brooklyn, de Betty Smith, engancha desde o seu comezo. Desde o principio lembroume a Las cenizas de Ángela (a crítica que podedes premer lina despois, por se tedes dúbidas), pero Un árbol transmite felicidade e optimismo, ao contrario que As cenizas, aínda que as historias son similares. Houbo momentos nos que me fixo sorrir, chorar, estremecerme e rir a gargalladas, de todo houbo nestas 500 páxinas que se len nun salaio. Quédome sobre todo coa idea dunha lectura áxil, doada, sincera, un libro que apenas puiden retirar porque desexaba seguir prolongando. Recoméndovola.
E agora tamén sei que Elia Kazan fixo un filme a partires dela: "Lazos humanos".

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.