Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/07/08

En el valle de Elah

Por fin puiden ver esta película que se me escapara no cine. Unha boa película que paga a pena ver, pero teño que recoñecer que creo que ás veces -poucas- faise un pouco pesada e longa, xa que se centra excesivamente en recrearnos unha dor e unha soidade que os espectadores comprenderiamos igualmente, e que botei de menos que Susan Sarandon non teña maior protagonismo. Pero en conxunto creo que é moi boa película: os actores estás soberbios, desde o meu punto de vista, e a crítica á guerra de Irak que subxace -mellor dito, a todas as guerras- é destacable: o estado no que volven os soldados, as consecuencias psicolóxicas, a loucura e a morte.
Está baseada nunha historia real: un soldado que ao volver de Irak desaparece e o seu pai comeza a investigar, pouco axudado polo exército. O pai irase desmoronando precisamente porque el formaba parte dese exército, ademais do amor polo fillo desaparecido.
Se premedes aquí poderedes ver fotos de distintas escenas da película.

1 comentario:

Anónimo dixo...

A mi me gusto mucho

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.