Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/07/08

Estrépitos naturais

O glaciar Perito Moreno, ubicado na rexión andina da patagónica provincia arxentina de Santa Cruz, podería rexistrar en pleno inverno a ruptura da súa lingua de xeo que chega a terra, un dos grandes espectáculos da natureza. Este espectáculo é digno de ver: ocorre cada certo tempo cando a presión da auga rompe a conexión entre o xeo do glaciar e a terra. É un fenómeno bastante frecuente, pero o raro é que teña lugar en pleno inverno, algo que non sucedía desde 1917. Aínda así, os científicos advirten que non se debe vincular co cambio climático.

O túnel de xeo ten unha extensión duns 150 metros e varios metros de espesor e por debaixo del circulan a alta velocidade enormes caudais de auga, mentres que a caída de grandes bloques de xeo producen estrondosas explosións.
A ruptura do glaciar, que pode seguirse desde o seu sitio web oficial, cerra por completo o paso das augas no Canle dos Témpanos, formando un dique natural de xeo.
Na súa desembocadura, a súa fronte de catro quilómetros elévase máis de 60 metros sobre o nivel da auga e provoca que se desprendan con estrépito xigantescos bloques de xeo cun ruído comparable aos tronos.



Vía e Información

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.