Anos levabamos querendo coñecer a fervenza de Escuadro (Férveda) e parecía que nunca se nos presentaba a ocasión propicia. Onte por fin chegou o día. Unha tarde de risos e boa compaña na que houbo moitos fentos, moitas silvas, moitos toxos e un marco incomparábel. A fervenza do Toxa leva a fama e a grandeza, pero esta, máis modesta, conserva toda a beleza dun marco frondoso e esquecido; este difícil acceso seguramente axuda á súa beleza nun contorno cheo de castiñeiros e carballos. A nosa guía de excepción, Susana, levounos tamén ao cumio do monte do Castelo, onde segundo conta a lenda os mouros ergueran un castelo e agocharan os seus tesouros baixo a fervenza, posto que desde alí, tan alto, podían observar se se achegaban posibles inimigos. Claro que non topamos ningún resto do castelo, só unha vista fermosa e moitas rabuñadas até chegarmos alí.
Un bo xeito de comezar as vacacións e despedírmonos de parte do alumnado até o próximo curso. Grazas pola compaña. E polas fotos!
Un bo xeito de comezar as vacacións e despedírmonos de parte do alumnado até o próximo curso. Grazas pola compaña. E polas fotos!
3 comentarios:
Que sitio tan fermoso!! e con esa compaña!!
Ben sabedes que eu son pouco partidario de excederme coa linguaxe cando se trata de facer laudatorias, porque, a verdade sexa dita, non hai moitas ocasións nas que realmente as situacións o merezan. Tampouco son amigo de adulacións tales que sexan capaces de encher o ego a base de mentiras tan ben feitas que todos cren, aínda que tamén saben que son mentiras... pero hai veces que un servidor ten que ser, xa non digo xeneroso... digo fiel á realidade, notario do verdadeiro talento, certificador do auténtico sentir da arte máis sublime, crítico terrible que claudica ante o xenio, reo da admiración da obra insuperable...
Poucas veces oiredes isto da miña boca... pero que marabilla de fotógrafo!!
Un saúdo para tod@s.
Vale... aceptamos bolbor coma fotógrafo!!
Que máis podo engadir? Hai que recoñecer que casecase está todo dito. Unha tarde marabillosa, nunha gran compaña e nunha paraxe abraiante. Pero, digo eu, por que non se cita en ningún momento ao auténtico heroe de toda esta historia? Ese Pichu. O can máis aventureiro que xamáis coñecín. Un fenómeno, si señor!! Creo que cómpre facerlle unha sentida homenaxe aínda que nunca poderá pasar por este humilde recuncho cibernético jejeje
Bicos e apertas a moreas para tod@s!
Anxo ten razón, sen Pichu a viaxe non sería o mesmo. Faltoulle un parrafiño que falase algo sobre o can...
Temos que repetir!!!
PS Hei de facer a caricatura...jijijiji
Publicar un comentario