Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/07/08

Non á violencia contra as mulleres (XLIII)

A nosa querida colega blogueira, Montse, fainos chegar novas sobre este libro para nós descoñecido: No sólo duelen los golpes, coordinado por Javier Montilla Valerio, un libro que busca ser unha obra reflexiva e de compromiso. Publicado pola Universidade de Córdoba, coincídese na importancia deste tipo de propostas por parte da Universidade para pór de manifesto o seu compromiso co avance socila e coa eliminación da violencia de xénero que se converteu "nunha lacra socila que trascende o ámbito do privado para se converter nun problema público no que a Universidade ten a responsabilidade de incidir para corrixir comportamentos desde a formación".
É un libro colectivo onde as seguintes escritoras e xornalistas únense para facer un tributo ás mulleres vítimas da violencia de xénero: Isabel Coixet, Ángeles Caso, Rosa Montero, Soledad Puertolas, Rosa Regàs, Cristina López Schlichting , Elena Pita, Marta Sanz, Ana Rosetti, Mariló Montero, Espido Freire, Mª Jesús Álava Reyes, Pilar Adón, Isabel Franc, Sara Rosemberg, Mara Torres, Susana Guzner, Lola Robles, Remedios Zafra, Brigitte Terrasson, Cristina Peri Rossi, Laura Freixas y Ruth Toledano. Está prologado pola vicepresidenta do Goberno, Mª Teresa Fernández de la Vega, a directora do Instituto Nacional da Muller, Rosa María Peris, e o reitor da Universidade de Córdoba, José Manuel Roldán.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.