Nove é o nome do poemario con que María Lado gañou o X Premio de Poesía Avelina Valladares e que foi publicado pola Editorial Fervenza. Uns poemas que nos falan de dor, de perda, de desacougo.
Tal como indica a propia autora, o poemario nace dende o Prestige, e medra co exilio interior e a dor. Unha dor enmarcada nun mar inmisericorde, violento e vingativo.
aquí o lugar morre en escuma.
así é como se ocultan os barcos fracasados
e os bicos que morden polas costas,
que se cravan profundos coma coitelos.
por iso,
os poucos días que prenden
entran por este cabo e entón
a marea vólvese un instante lixeira
e os dedos do sol detéñense sobre a area
coma eu no teu ventre extenso.
e isto ocorre sempre
despois das grandes mareas,
deste xeito o lugar disponse para as crebas.
-cando o mar recompensa aos afundidos
entregando a memoria das súas equipaxes en terra-.
para maior ausencia,
os homes máis miserables da illa
chegan arrastrando os seus fatigosos carriños
e van máis alá dos areais.
recollen os pedazos do noso amor máis prezado
partido entre as covas, batido contra as pedras.
fan desaparecer estes restos
coa esperanza de que fuxamos,
coa marea baixa
-aínda que é certo que tamén así calman a súa dor,
como en heroin, lu-
coa esperanza de que fuxamos
e de enriquecerse.

Sen comentarios
Publicar un comentario