Esta película amosa todas as facetas de machismo e violencia contra as mulleres que unha sociedade pode ofrecernos. É perfecta para traballar o machismo na súa expresión máis plena dentro das aulas. A súa protagonista, Charlize Theron, interpreta maxistralmente a vida real de Josey Aimes, en quen está baseada, unha muller que tan só buscaba unha vida digna. Con ela, os dereitos femininos laborais cambiaron. Cun trato un tanto elegante na exposición dos temas máis crus e con final esperanzador, que non todo vai resultar malo!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
08/07/08
Os filmes da miña vida (VI)
Atoparalo en Cine, Igualdade, Muller, Recomendamos, Violencia, Violencia de Xénero
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
1 comentario:
Encantoume a peli e a actriz!
Publicar un comentario