Á vista de que a miña benquerida compañeira de blogue se empeña unha e outra vez en chamarme lacazán por ter un chisco abandonada a páxina, será ben redimirse un pouco para que quede tranquila.
Quixéravos contar un pequeno gran descubrimento que fixen durante a miña estancia vacacional por terras portuguesas. Por se non o sabedes, son un gran amante do bo café co cal cada vez que visito o país luso permítome a licenza de saborear varios cafecinhos ao día. Nun destes momentos de relax, descubrín nun sobre de azucre unha publicidade que chamou a miña atención. Nela falaba da conmemoración do 10º aniversario do PETI (Programa de Prevençao e Eliminaçao da Exploraçao do Trabalho Infantil). Esta iniciativa, que parte do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ten a finalidade, como ben deduciredes, de loitar contra a explotación infantil no ámbito laboral.
Se non coñecedes este programa e estades interesad@s no tema, convídovos a que naveguedes pola webs que vos presento a continuación e vos empapedes do traballo que se está a facer no país veciño neste senso.
1 comentario:
Dá gusto volver e topar traballo ben "faguido". Mil bicos
Publicar un comentario