Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/07/08

Vandana Shiva


Esta muller é a heroína da ecoloxía india. Naceu en 1952 en Dehra Dun, na rexión india de Uttarakhand. Doutorouse en Física nos anos 70, abrazando a causa ecoloxista e feminista. É unha das máis prestixiosas activistas medioambientais da India, galardoada en1993 co Premio “Right Livelihood”, coñecido como o Premio Nobel Alternativo por “situar ás mulleres e á ecoloxía no corazón do discurso do desenvolvemento moderno”.
Loita desde a Fundación para a Investigación en Ciencia, Tecnoloxía e Ecoloxía e desde a organización Navdanya para cambiar as prácticas monopolísticas e globalizadoras que imperan na agricultura mundial, defendendo a biodiversidade, a protección dos campesiños e o comercio xusto.
"Para min, ecoloxía e feminismo foron inseparables. E a expresión mulleres diversas pola diversidade é un xeito de combinar os dereitos das féminas e os dereitos naturais, celebrando a nosa diversidade cultural e biolóxica".
Vandana Shiva fíxose famosa nos anos 70 cando participou no “Movemento Chipko”, no que as mulleres abrazábanse ás árbores para evitar que foron taladas na rexión india do Himalaya. "A defensa dos dereitos da Natureza e os dereitos da xente viñeron xuntas na democracia da Terra, a democracia de toda forma de vida no planeta, unha democracia activa que apoia e é apoiada pola cultura e a economía".

Máis información e Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.