Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/08/08

Chanzos mil



Chand Baori é un dos primeiros baoris construídos en Rajastán. Os baoris son "pozos en forma de tronco de cono invertido con varias terrazas unidas por tramos escalonados". É un dos máis profundos e grandes da India. Foi construído no século IX, de planta cadrada, ten 3500 pasos estreitos en 13 niveis escalonados e con máis de 30 metros de profundidade. Un dos lados está formado por templos e habitacións que servían aos rituais e aos servizos do pozo. Utilizábanse tanto por motivos relixiosos como para se abastecer de auga no inverno, a época seca.
A lenda di que foi construído nunha noite e que ten tantos pasos para que sexa imposíbel que alguén recupere unha moneda caída no fondo. Na planta superior está rodeado por unha galería con arcadas. A entrada sitúase no lado norte, cun balconada e santuarios, onde había varios templos con imaxes.




Vía Microsiervos

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.