Máis de seis meses levaba o libro agardando a miña lectura e eu non me decidía. Si, comprobaba nos blogues amigos que todos o recomendaban e unha primeira aproximación (apenas 30 páxinas) recomendáronme distancia. O verán, coma sempre, regaloume tempo e, por fin, decindinme. E, tal como me temía, o libro defraudoume. Non sei se o feito de ser unha rata, ou un rato, como afirman algúns lectores, ten algo que ver, pero por moito que este animal sexa culto e ame a literatura, o libro non me chega. Podemos ver un animal sensible e moi humano, e de aí a súa soidade, rasgo característico da nosa sociedade "humana"; si, cita libros e lecturas, pero tampouco se inmisce neles nin nos dá demasiada información sobre esa literatura, é dicir, gústalle ler, e punto. Tamén lle gusta o cine porno! (como bo humano) En fin, síntome un pouco rara porque só oín boas críticas e marabillas enxalzatorias, pero teño que recoñecer de novo que constituíu unha decepción para min. Nalgún sitio lin advertencias para os lacrimóxenos; eu, que o son, non sentín en ningún momento ganas de chorar, nin de rir a gargalladas, aclaro. Será que agardaba máis. Ou que está sobrevalorada. De todos os xeitos, invítovos a lela para que vós me digades a vosa opinión, xa que é de lectura doada. E non ten demasiadas páxinas, por se me preguntades!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
1 comentario:
A mi me gusta imaginar la "humanización" de los animales. Hay momentos del libro en los que podía sentirme dentro de la piel de Firmin.
La reconversión de algunos barrios de las ciudades afecta a les personas que viven en ellos y también a la fauna que allí convive. Un aspecto que se olvida.
Lo leí con curiosidad, no me desagradó y ya esta.
Publicar un comentario