Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/08/08

Gafas de sol para días de lluvia


Outro libro que agardaba nos andeis, temeroso de non ser lido xa máis. Pero o verán é o que ten. Non me decidía e, sen pensalo demasiado, a man escolleu este. De lectura fácil, sen demasiadas pretensións, lese ben e é ameno. Un conto moderno, ou unha revisión da Cenicienta, onde os cartos non dan a felicidade, pero si axudan a sentila, dependendo do punto de vista das protagonistas, dúas mulleres antagónicas que só buscan unha supervivencia máis feliz que a que posúen. A novela goza dunha linguaxe literaria poética e suxestiva, ademais de sinxela que invita a seguir lendo; ademais, engancha. Non é unha obra de arte exquisita, pero cumpre o seu cometido: entretén. E ben. Con personaxes interesantes e escenas que conmoven. E con presentacións de personaxes curiosas: a presenza dun cadro mantén unha liña argumental interesante, que nos falará de sentimentos e soidades. Polo que se queredes pasar un rato agradable, aquí tedes a solución.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.