Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/08/08

María Blanchard

María Gutiérrez-Cueto y Blanchard naceu en Santander en 1881 e morreu en París en 1932. Nace cunha deformidade física que a marcou profundamente durante toda a súa vida; de aí que a infancia, a soidade, a tristura e as enfermidades sexan temas constantes na súa obra. En París, onde estudou gran parte da súa vida, coñece a Juan Gris e a Jacques Lipchitz, quen a introducen no cubismo, con intensos contrastes cromáticos e construción monumental na forma, e con notas expresionistas moi persoais. Segundo os críticos, non chegou a unha total descomposición da forma e limitouse a tallala en planos esquemáticos que prestaban ás súas composicións un gran rigor, pero tamén unha fluidez non incompatible cunha preciosa captación da realida. Despois desta etapa cubista, volve a unha pintura figurativa: a figura humana, principalmente seres enfermos e doentes situados en ambientes tristes, será o centro da súa obra. Son pinturas de cor delicada e ritmos angulares que reflicten a infancia, o abatemento, a tristura, a enfermidade.
Fálase dela como a do "cubismo humanizado", marcado pola súa propia situación física.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.