Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/08/08

Non todo van ser libros (XXXIII)

Un 12 de agosto de 1949 naceu en Glasgow (Escocia) un dos mellores guitarristas da historia do rock. Principalmente coñecido por ser o líder indiscutible dos Dire Straits, Mark Knopfler foi o encargado de agasallarnos con punteos de guitarra maxistrais en temas que xa forman parte da axenda musical da memoria de calquera fan do rock que se precie. Sultans of swing, Money for nothing, Brothers in arms ou Walk of life son claros exemplos do talento deste músico inglés que segue a ofrecernos grandes cancións na súa carreira en solitario.
Unha curiosidade: a pesares de ser zurdo toca a guitarra coa man dereita utilizando os seus dedos en lugar dunha púa, cando esta técnica é máis común da guitarra clásica. Será isto o que fai que as súas creacións teñan un son particular e facilmente recoñecible por todos? É posible.

Moita felicidades, Mark!!



Discover Dire Straits!

3 comentarios:

Montse dixo...

M'encanta escoltar-lo. El disc Neck & Neck" que va gravar amb Chet Atkins el trobo genial.

Anónimo dixo...

Anoto a suxestión!

Bicos mil!

Anónimo dixo...

Zurdo tiña que ser....
acabaremos dominando o mundo...
jijijijiji (risa maliciosa...)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.