Desde o século X, diferentes editores desexaron ampliar a beleza dos seus libros engadindo certos segredos nos mesmos. E o mellor lugar para esconder imaxes agochadas era o fío do lombo destes libros que, malia estaren perfectamente á vista, ocultaban o seu segredo grazas a un xogo de posicionamento das partes da imaxe. É dicir, que só poden ser vistas cando as páxinas, no seu conxunto, son presionadas dun certo xeito. No século XVIII comezarían a xurdir verdadeiras obras de arte. Libros que, se as súas follas eran presionadas con certo ángulo, amosarían unha imaxe que, presionadas cara outro ángulo, cambiaría para representar outra escena.
O seguinte vídeo pertence a Martin Frost, un artista británico que se propón resucitar esta marabillosa técnica. Asemade, ten restaurado obras deste tipo que se atopaban en moi mal estado polo paso do tempo.
Vía Microsiervos
Sen comentarios
Publicar un comentario