Especialmente para Bolbor, que ás veces chega a esquecerse de nós (ou iso semella): uns debuxos animados rusos de Alexei Kharitidi. Palma de oro en Cannes 1995.
Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
1 comentario:
Non é que me esqueza... hai que entender o que son as transformacións e que non hai que se precipitar, se non se quere ter unha mala experiencia, como é o caso da pobre eiruga desta preciosa curta.
Pois iso, que resulta que formo crisálida (aínda que non “capullo”) e tardan en saírme as ás coas que escribir. Con cada escama fago unha letra e de longas parrafeadas quedan descoloridas, así que crisalido e rilo caixas de cores ata que me saen outras novas...
Non quererás que escriba o que non se pode ler...
Agora que o penso... as bolboretas acordaranse de cando eran eirugas?, non creo, dende logo os humanos non... ninguén quer.
Saúdos e grazas pola dedicatoria (por fin, alguén que me aprecia... aínda que non á miña memoria...)
Publicar un comentario