Grazas ao noso blogue amigo Iniciarte achegámonos a esta interesante nova que andabamos a procurar: unha exposición amosa imaxes de modelos españolas contra agresións ambientais.
Contaminación urbana, incendios forestais, lixos orgánicos, vertedoiros de petróleo ou residuos radioactivos son algunhas das agresións ao medio ambiente que o fotógrafo Jaume de Laiguana denuncia coa colaboración de destacadas modelos españolas na exposición «A outra mirada».
A natureza dos corpos espidos de Vanessa Lorenzo, Bimba Bosé, Estefanía Luyk, Martina Klein, Eulalia Martine, Nieves Álvarez, Laura Sánchez ou Esther Cañadas serve como vínculo para enfrontar ao espectador a mares cheos de desperdicios, árbores queimadas ou ratas que viven entre as bolsas de lixo na mostra que abre hoxe as súas portas nas Sala Efti.
O carácter benéfico do Calendario levou ás modelos a pousar de forma desinteresada cubertas de petróleo, sobre bolsas de lixo e con ratas sobre o ombreiro no caso de Bimba Bosé, entre un bosque tallado, como Vanessa Lorenzo, rodeada de botellas de plástico como Estefanía Luyk, ou a Laura Sánchez ameazada polas aspas dun helicóptero e Nieves Álvarez intentando fuxir dos fumes que contaminan o ambiente.
Vía Iniciarte

1 comentario:
Además, habría que hacer otra campaña en contra de la anorexia. Porque están esqueléticas.
Publicar un comentario