Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/09/08

Tras do solpor

Para min ler a Murakami é coma apostar sempre polo cabalo ganador, un valor seguro. Despois de descubrilo hai uns catro anos con Al sur de la frontera, al oeste del sol (Tusquets), volvín a el en varias ocasións e nunca me decepcionou. Agora, por fin, puiden lelo en galego porque Galaxia acaba de publicar unha das súas obras máis recentes, Tras do solpor. As historias deste libro transcorren ao longo dunha noite en Toquio. O narrador, coma un voyeur, vaise introducindo en diversos espazos e mostrándonos o que o seu ollo-cámara ve e escoita. Diversos personaxes –intrigantes, contraditorios, estraños, desconcertantes- van aparecendo, pegándose ás paredes da nosa memoria e engulíndonos coas súas absorbentes historias. “Non sabía que a escuridade cansase tanto” –di, case ao final, a solitaria Mari...

Quen xa tivo a ocasión de ler Kafka na beiramar ou Tokio Blues, atopará aquí, de xeito máis breve, moito do mellor Murakami; e para quen non o coñeza, Tras do solpor pode ser unha boa opción para iniciarse. Pero, coidado, porque Murakami pode producir adicción!!! (eu ben sei do que falo…).


Grazas Rosa. Unha vez máis.

4 comentarios:

Ernesto dixo...

Empeceino onte.

Murakami é especial, ten razón Rosa.

Ronsel dixo...

Vexo que te estás a poñer ao día coas vosas publicacións! Así venderalos mellor...

Ernesto dixo...

E unha moi boa recomendación, vou cambiar a miña estratexia con este libro e esgotar a edición.....dille ós teu amigos que o vaian mercando ou quedan sen el.

Gracia dixo...

Vale, non te preocupes. O problema radica en que me fagan caso ou non. Tentareino para que Galaxia obteña máis benfeicios, se cabe!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.