Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/10/08

Edicións ilustradas

Edición ilustrada de "Secuelas de una larguísima noche de rechazo" de Charles Bukowski, primeiro relato do autor escrito aos 24 anos: a editorial Nórdica Libros publica unha edición ilustrada da que se pode ver un avance neste booktrailer.




Dentro da colección Ilustrados, hai outros libros tan interesantes como "Bartleby, el escribiente" de Herman Melville, con ilustracións de Javier Zabala, Premio Nacional de Ilustración no ano 2005; o relato de Melville é coñecido pola resposta do protagonista ao seu xefe: "preferiría non facelo".




Podedes ver máis trailers similares de obras ilustradas aquí.

Vía Papel en Blanco

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.