Este curso sigo con parte do meu alumnado lector de 4º de ESO. Hai un ano comentaba as miñas expectativas sobre eles e a lista de libros que lles propuxen. Os resultados tédelos ben preto, a falta de que me entreguen as súas impresións sobre o lido no verán, nas Estelas. Hogano, xa nun Bacharelato que nada ten que ver co ensino obrigatorio, sigo crendo que a lectura é parte fundamental da súa formación, e seguirei ofrecendo libros para subir a nota. Por suposto, sempre a partir do aprobado e cun máximo de dúas lecturas optativas por avaliación.
Aquí tedes a lista:
- Alcalá, Xavier: A nosa cinza. Galaxia
- Amis, Martin: A casa dos encontros. Galaxia
- Auster, Paul: Mr. Vértigo. Sotelo Blanco
- Balzac, Honoré de: O tío Goriot. Galaxia
- Berger, Jhon: Porca terra. Rinoceronte
- Blanco Amor, Eduardo: A esmorga. Galaxia
- Bradbury, Ray: Crónicas marcianas. Xerais
- Calveiro, Marcos: Festina lente. Xerais
- Cunqueiro, Álvaro: Merlín e familia. Galaxia
- Diéguez, Lois: O canto do Muecín. A Nosa Terra
- Dorfman, Ariel e Joaquín: A cidade en chamas. Xerais
- Dostoievski, Fiodor: Crime e castigo. Galaxia
- Ferrín, Méndez: O crepúsculo e as formigas. Xerais
- Flaubert, Gustave: Madame Bovary. Galaxia
- Frank, Ana: Diario. Kalandraka
- Hesse, Herman: Baixo as rodas / / Siddartha. Galaxia
- Huxley, Aldous: Un feliz mundo novo. Xerais
- Kafka: A metamorfose / O proceso. Sotelo Blanco
- Malvar, Aníbal C.: Unha noite con Carla. Xerais.
- Miranda, Xosé: Morning Star. Xerais.
- Moure, Teresa: Herba moura. Xerais
- Murado, Miguel Anxo: Fin de século en Palestina. Galaxia
- Navaza, Gonzalo: Erros e Tánatos. Xerais.
- Neira Vilas, Xosé: Querido Tomás. Ediciós do Castro
- Otero Pedrayo: O Fidalgo e outros relatos. Galaxia
- Pavese, Cesare: Oficio de vivir. Galaxia
- Piñón, Nélida: A casa da paixón. Galaxia
- Pratt, Hugo: Corto Maltés. Balada do mar salgado. Galaxia
- Pullman, Philip: A aurora boreal. Faktoría K
- Queizán, Mª Xosé: A Orella no buraco. Galaxia
- Rei Núñez, Luís: O señor Lugrís e a negra sombra. Xerais
- Reimóndez, María: O club da calceta. Xerais
- Risco, Vicente: O porco de pé. Galaxia
- Rivas, Manuel: Que me queres, Amor?. Galaxia
- Riveiro Coello: As rulas de Bakunin. Galaxia
- Salinger: O vixía no centeo. Xerais
- Shakespeare, William: Otelo. Macbeth. Galaxia
- Smith, Zadie: Da beleza. Galaxia
- Stein, Gertrude: Tres vidas. Galaxia
- Stoker, Bram: Drácula. Xerais
- Sumai, Anxos: Anxos de garda. A Nosa Terra.
- Süskind, Patrick: O perfume. Sotelo Blanco
- Tabucchi, Antonio: Tristano morre / Afirma Pereira. Galaxia
- Tolkien: O señor dos aneis. Xerais
- Valenzuela, Ramón de: Non agardei por ninguén. Xerais
- Villar, Domingo: Ollos de auga. Galaxia
- Woolf, Virginia: As ondas. Galaxia
Sen comentarios
Publicar un comentario