Esta película conta a historia duns xudeus nun campo de concentración, pero a diferenza do resto, gozan duns privilexios especiais, xa que son os encargados de levar a cabo a "Operación Bernhard", falsificando pasaportes, documentos, papeis e cartos. Vivir mellor cós demais, ou simplemente VIVIR, converterase nun dilema moral ao longo do filme, o que fai que esta sexa especialmente interesante. Máis que recomendábel
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
14/10/08
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
9 comentarios:
A película está moi ben; aínda que é bastante forte porque se mata a moita xente.
A pelicula é un pouco triste poLo que pasa(matando xente...)
Pero era o que pasaba antes e era moi dura.RecomÉndovola para saber o que pasaba antes.
***rabasa***
A película está moi ben: explica como era a vida nos tempos dos nazis.
A película gustoume moito xa que mostra a realidade de como eran os campos de concentración. É moi dura.
A peli é moi chula para as persoas que non lle teñen medo ao sangue.
Esta película está moi vinculada a violencia xa que todos os superiores querían matar os xudeus e non tiñan compaixón
Ë unha pelicula bastante boa.Trata dunha gran estafa que se fixo na época nazi.Ë bastante recomendable para quen non lle importe ver un pouco sangue.
A película que vin gustame bastante porque ten acción.Está feita contra a loita dos nazis,iso que eu estou en contra dos nazis,por iso me gustou.
A película explica moi ben a época nacista , e ten imaxes de estremada violencia, mataban á xente xudía e matábana sen ningunha compaixón; finalmente os xudeus acabaron botando aos nazis dos campos de concentración.
Publicar un comentario