Os Right Livelihood Award 2008 (Premios para quen traballa en beneficio do planeta e dos seus habitantes), ou os Nobel Alternativos, teñen este ano face de muller.
Xunto ao matrimonio formado por Krishnammal e Sankaralingam Jagannathan (coñecidos como a "alma da India" pola súa dedicación á xustiza social e ao desenvolvemento humano sostible), foron premiadas a estadounidense Amy Goodman -promotora dun modelo de xornalismo político independente, un programa que dá cobertura ás voces excluídas polos medios convencionais-, a somalí Asha Hagi -figura clave na defensa dos dereitos da muller e da súa participación no proceso de paz somalí- e a alemá Monika Hauser -unha xinecóloga comprometida co traballo con mulleres que viviron a violencia sexual máis terrorífica-.
De esq. a dta. e de arriba a abaixo, Krishnammal Jagannathan, Amy Goodman, Asha Hagi e Monika Hauser
Vía Mangas Verdes
Sen comentarios
Publicar un comentario