Unha volta ao pasado dolorosa e emocionante, novamente aos campos de concentración nazis. Con Susan Sarandon no papel protagonista, unha das miñas actrices preferidas, soberbia como non, e un Gabriel Byrne máxico, volvemos continuamente á dor, ao medo e á desesperación daquela época. Unha historia esgazadora que nos fala das cicatrices e o tempo: é este quen de curalo todo, a dor, o amor, o pánico? E quen somos nós para xulgar o sufrimento dos demais?
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
03/11/08
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
11 comentarios:
Pos a min gustoume porque foi unha volta ao pasado. E pásanlle moitos riscos.
recoméndovola
A película non me gustou nada, para min era moi aburrida.
Esta pelicula pareceume bastante aburrida.
É un pouco lenta, pero ao final aínda está ben.Trata dunha muller que está un pouco tola que se reencontra cuns vellos amigos, un ancián e un amigo, do cal estaba namorada. Non me gustou moito, a verdade .
Esta película trata dunhas persoas de avanzada idade que recordan os momentos do seu pasado. Non me gustou porque é unha película pouco divertida e pouco interesante.
Non entendín a película.Paréceme moi rara.
Estivo moi ben, foi moi bonita e trata sobre o pasado dunha xente que se encontra ao longo de moito tempo.A min gustoume moito e recomendo que a vexades.
Pois esta película gustoume bastante porque foron cousas que pasaron no pasado e que agora xa non existen.
a película gustoume bastante xa que o tema do que falaba era bastante interesante.
Esta película non me gustou porque era moi aburrida.Os contidos que tiña non me convenceron.
Pois eu puiden ver esta película no cinema hai uns meses (antes de pecharen os Compostela, que magoa, onde coincidía con Emilio Araúxo) e pareceume unha auténtica preciosidade, porque non é cinema de acción (como se queixa aquí algúns) senón de sentimentos. Parabéns pola túas escolla. Miro,
Publicar un comentario