Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/11/08

Blacksad: un lugar entre las sombras


Esta é a primeira entrega dunha serie de tres, independentes, que constitúen unha gran descuberta: a máis pura e clásica novela negra en banda deseñada! Xa vos falei da terceira. E agora retomei a lectura comezando polo principio, aínda que todas elas son independentes e só teñen en común o personaxe principal.
Un lugar entre las sombras desenvólvese arredor dun asasinato dunha actriz por parte dun personaxe principal da cidade. Unha trama que nos sitúa nos Estados Unidos dos anos 50.
Pero o atractivo non está só na historia, senón na elección dos personaxes con forma antropomórfica e máis que nada nos debuxos, que me parecen xeniais. Como xa dixen, moi cinematográfico, cunha gran forza de cores e unha minuciosidade aplastante.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.