Supoño que case todo o mundo ten xogado algunha vez ao Monopoly (eu teño que dicir que non); e quen non xogara sabe cando menos en que consiste. Pois parece que existe desde hai algún tempo un xogo dirixido aos bibliófilos: o Bookopoly, no que se negocia con libros. Con tres libros, constrúes unha librería; con tres librerías, unha biblioteca. Hai xéneros literarios, datos con títulos e autores... até se pode ser elixido Presidente do Club Lector!
Cal é o problema? Que non existe versión en castelán... en galego, xa sería un soño!
Cal é o problema? Que non existe versión en castelán... en galego, xa sería un soño!
Vía Papel en blanco
1 comentario:
Esperemos que fagan versión pronto en castelán. Porque en galego... a soñar!
Publicar un comentario