O éxodo continúa na República Democrática do Congo. Desde que hai dous meses se retomaron os enfrontamentos entre as milicias Mai-Mai (aliada do Goberno de Kinshasa) e os rebeldes tutsis do Congreso Nacional para la Defensa del Pueblo (CNDP), miles de civís -arredor de 250000- tiveron que abandonar os seus fogares. Nos últimos días, case 100000 persoas deixaron as súas casas. Delas, o 60% eran nen@s que foron separados das súas familias. O último punto abandonado foi Kiwanja, ao este do país. A reanudación dos combates é consecuencia do enésimo acordo de paz fallido. A poboación ten medo e prefire retomar a súa vida nun campo de refuxiados que volver á zona do conflito. Pero nestes campos tampouco a situación é boa: non todos os desprazados reciben axuda humanitaria.
Pero hai máis: o país ten unha historia de abuso, explotación e violencia en gran escala, ademais do problema do recrutamento de nenos por parte dos grupos armados.
Dende que comezaron os conflitos no Congo, en 1996, a violencia causou a morte de cinco millóns de habitantes, na maioría dos casos debido a enfermidades e fame.Pero hai máis: o país ten unha historia de abuso, explotación e violencia en gran escala, ademais do problema do recrutamento de nenos por parte dos grupos armados.
Vía Libro de Notas
Sen comentarios
Publicar un comentario