Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/11/08

Con Gonzalo, de merenda

Curiosamente, a nosa primeira reunión do club de lectura foi sen libro pero con autor. Si, así como o oídes: merendamos con Gonzalo Moure, quen o ano pasado prometera volver para probar eses ricos produtos da nosa terra que unha parte do meu alumnado se empeñou en pregoar.
Un inicio de luxo que esperamos servise para cargar pilas e seguir a ler máis e máis.

Aviso: A foto non é moi boa pero é a única que me mandaron!





2 comentarios:

Anónimo dixo...

E que a cámara de Iciar é como a dona, logo saca as fotos cando quere,e como quere,e así saímos nos.


bicos da secre xD

Anónimo dixo...

¿Como describir esta primeira reunión do noso club de lectura? Indiscriptible, diría eu.
Gonzalo non só é un escritor que se achega a nós para falarnos dun libro escrito por el; senon que nos tende unha man e nos da pé para falarlle de calquera tipo de cousa.
Sempre é un pracer telo entre nós e escoitar como me aconsella que ante todo hai que facerlle caso ó corazón.
Grazas por dedicarnos o teu marabilloso tempo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.