Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/11/08

Con Otero Pedrayo

Grazas á Editorial Galaxia o noso alumnado de Bacharelato e de Diversificación foi onte de visita ao pasado, da man de Sabela Gago e a súa montaxe teatral, no pazo de Trasalba.
Esta actriz e directora (para min a mellor do noso teatro actual) preparou unha pequena montaxe -menos dunha hora de duración- para recrear a obra de Ramón Otero Pedrayo; son anacos tirados preferentemente dos libros Contos de santos e nadal e Contos do camiño e da rúa. Ademais, contou coa participación dunha parte do público, co que logrou unha maior comunicación co alumnado asistente. Descubrimos, así, que contamos cun actor que imos ter que fichar para a nosa obra: nada máis nin nada menos que o señor vicedirector!
Logo, visitamos o precioso pazo e disfrutamos dun magnífico día de sol.

E aquí tedes as fotos que o noso compañeiro Xesús realizou:



Grazas, Fernando, Arturo, por facermos posible este día tan especial.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois sinceramente no me gustou nada xa que non entendia ben a obra de teatro.

Anónimo dixo...

A historia foi do máis aburrida, non houbo ningún momento de gracia.

Anónimo dixo...

O teatro do pasado mércores non me convenceu moito porque era de historias antigas e a min historias non me gustan moito cando mas contan en direto.

Anónimo dixo...

estivo moi ben e gustoume moito tanto a casa como o teatro. Non durou moito pero gustoume.

Anónimo dixo...

Estivo ben para ser unha obra feita por unha actriz soa.

Anónimo dixo...

A min o teatro non me gustou porque as historias do pasado non me convencen moito. A casa encantoume (é chulísima)recoméndovola ir ver aínda que queda no final do mundo!

Anónimo dixo...

Non me gustou moito xa que era un tema que non me interesaba pero a verdade é que a actriz fíxoo moi ben.

Anónimo dixo...

a obra en si non me gustou moito, non digo que non estivera ben pero e que non a entendin ben e non me resultou bonita. Houbo momentos moi divertidos como cando saíu Suso a escena, jajaja, ou cando saíron os chavales do outro instituto.

Pero ainda así estivo ben.

Por certo, a casa preciosa e había tantos libros...


**cARlA**

Anónimo dixo...

A min gustoume moito, pero creo q se fixo un pouco corto.

**Thalía**


Estivo moi ben, e paréceme moi importante a labor que está facendo a fundación do escritor, pois todo está moi ben conservado e moi bonito.
--MARCOS


A min a casa pareceme preciosa e que está moi ben conservada; o que non me gustou moito foi a obra, xa que aínda que a actriz era moi boa, o contido da obra en si non me pareceu demasiado interesante.
**Noelia**

Anónimo dixo...

Respecto á obra, non me gustou moito, se son sincera, pero debo recoñecer como pequena representante de teatro, que a moza que actuaba na obra o facía notablemente ben.
E en canto ó museo gustoume observar o xeito de vivir das persoas nesta época.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.